Sober acolleu a segunda xuntanza das Comunidades de Aprendizaxe 'Montes de Saberes'
O pasado 4 de xuño tivo lugar a segunda xuntanza das Comunidades de Aprendizaxe 'Montes de Saberes' en Sober no marco do proxecto Comunidades de Aprendizaxe Rurais Sostibles de Galicia cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus e Fundación MAPFRE.
Na xorrnada participaron Javier Mariño, da empresa de servizos de xestión, enxeñería e asesoría ambiental Cerna; Ana Randolfe, presentando o proxecto FunGo, e Laura Iglesias Antonio, en representación do Técnico Foestal da Comunidade de montes de Tuiriz (Antonio Mota) e do formador resinero Francisco J. Dominguez.
Así, defenden que "volveu quedar en evidencia a necesidade das Comunidades de montes de unir forzas para solucionar o despoboamento mediante unha xestión adecuada de recursos que permita ofrecer á súa poboación a posibilidade de establecerse de maneira continuada. A falta de substitución xeracional e de impulso á xente nova fan que a zona rural padeza dun despoboamento que require dun esforzo de todos para poder revertela".
Presentouse a posibilidade de realizar formación de resinero como opción profesional rural, dado que a resina é un produto moi demandado actualmente e que ten moitas posibilidades de crecemento e desenvolvemento nesta zona.
OUTRA INICIATIVA DO PROXECTO COMUNIDADES DE EMPREGO E EMPRENDEMENTO RURAL SOSTIBLE
O pasado 5 de xuño tivo lugar en Chantada unha xornada sobre lexislación e axudas dirixida a proxectos relacionados co sector turístico, no marco do proxecto Comunidades de Emprego e Emprendemento Rural Sostible de Galicia desenvolvido por Acción contra a Fame e cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus e a Fundación MAPFRE.
A charla foi impartida por Paloma Vázquez, Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo, quen fixo un resumo sobre a lexislación vixente en materias de aloxamento rural e as súas distintas tipoloxías, sobre restauración e as diferentes normativa implicadas, as subvencións e axudas que se ofrecen dende a Xunta para turismo, así como a normativa actual sobre turismo deportivo e turismo activo (pendente de aprobación) que se enmarcan dentro das actividades complementarias dun turismo de experiencia.
Tras a súa intervención deuse lugar a un debate moi interesante sobre a importancia da clasificación real de “turismo rural” e todo o que iso conleva.
"Alugar unha vivienda no rural non é o mesmo que ser casa rural, e é algo que está sendo actualmente vixiado para evitar que os visitantes da zona reciban información e servizos inadecuados por publicitar un aloxamento de forma incorrecta".
Así mesmo, falouse sobre a importancia dunha lexislación sobre turismo activo acorde ás realidades do momento. Estes profesionais buscan ter claro, a nivel normativo, cales son as súas funcións e ámbitos de actuación.