Segredos de Pantón organiza unha saída micolóxica o vindeiro 23 de novembro

A asociación cultural Segredos de Pantón organiza unha saída micolóxica o vindeiro domingo 23 de novembro, unha actividade na que os participantes percorrerán as carballeiras e devesas do municipio para localizar diferentes tipos de cogomelos e coñecer o segredos das distinas especies da zona.
A saída estará guiada por Urbano, veciño de Guítara, e partirá ás 10:00 horas dende a igrexa de Següín. Dende a organización lembran que as prazas son limitadas polo que as persoas interesadas en participar deberán anotarse previamente.
As inscricións terán un custo de 2 euros por persoa e poden facerse por WhatsApp a través dos teléfonos 673 221 241 (Manuel) e 662 669 223 (Lucas), ou por correo elctróico, na dirección segredosdepanton@gmail.com.