Ribas de Sil inaugura as Tardes de Teatro de Outono con unha comedia do grupo Lume Escénico

RibeiraSacraXa
A función “Activ@s” abrirá este domingo en San Clodio o ciclo teatral organizado polo Concello
teatro-ribas-de-sil
8 Nov 2025

O ciclo “Tardes de Teatro de Outono” arrancará este domingo, 9 de novembro, en San Clodio cunha representación do grupo Lume Escénico, procedente da Pontenova e dirixido por Anxo Manoel Lamelo. A compañía presentará a súa comedia “Activ@s”, unha obra que leva facendo rir a milleiros de espectadores desde o ano 2013.

A cita, organizada polo Concello de Ribas de Sil, marca o inicio da tempada teatral de outono no municipio. A proposta aposta por achegar o humor e as artes escénicas á veciñanza, consolidando este programa cultural como un dos encontros fixos no calendario local.

⚙ Configurar cookies
0.070739030838013