Ribas de Sil acollerá un curso de manipulador de produtos fitosanitarios en decembro

RibeiraSacraXa
A formación, de nivel básico e 25 horas de duración, celebrarase do 1 ao 9 de decembro en horario de tarde
fitosanitarios-recurso
11 Nov 2025

O Concello de Ribas de Sil acollerá entre os días 1 e 9 de decembro un curso presencial de manipulador de produtos fitosanitarios, de nivel básico e cunha duración total de 25 horas. As sesións desenvolveranse en días laborables, en horario de 18:00 a 22:00 horas.

O obxectivo do curso é formar ás persoas participantes no uso seguro e responsable de produtos fitosanitarios, cumprindo coa normativa vixente e promovendo boas prácticas no ámbito agrario.
O prezo da inscrición é de 90 euros por persoa, e as prazas son limitadas. As persoas interesadas poden solicitar máis información ou formalizar a súa inscrición nos teléfonos 886 203 763 e 698 190 633, ou a través dos correos electrónicos vera@araformacion.es e noelia.canabal@araformacion.es.

Desde a organización lembran a importancia desta formación para o persoal vinculado ao sector agrícola, xa que o carné de manipulador é un requisito imprescindible para poder utilizar este tipo de produtos.

⚙ Configurar cookies
0.070720195770264