Reabren todas as vías da Deputación e desactívase a alerta de neve

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A Deputación de Lugo despexa todas as estradas provinciais tras o intenso traballo realizado polos dispositivos despregados para paliar os efectos do temporal.
19 Jan 2023

A Deputación de Lugo despexa todas as estradas provinciais tras o intenso traballo realizado polos dispositivos despregados para paliar os efectos do temporal. Tras un corte parcial o xoves da vía LU-P-4501, do Poio, por Louzarela e Teixeira, á de Samos ao Courel e acceso a Meiraos, o operativo despexou a vía realizando un importante traballo debido á dificultade provocada pola gran cantidade de neve acumulada.

As restantes estradas afectadas por cortes quedarán abertas este mediodía. Na estrada provincial LU-P-3806, de Ourol a Sixto, permitirase a circulación tras o afundimento dun lateral da vía provocado polas intensas choivas destes días. Así mesmo, xa se pode transitar polas vías de Outeiro de Rei, Xermade, Cospeito, Castro de Rei e Begonte afectadas polas inundacións e as crecidas dos ríos.

Igualmente, en Quiroga reabriuse a LU-P-5004, que a comezos de semana sufriu un desprendemento da ladeira da montaña. Agora, unha vez liberada, farase unha avaliación técnica e económica dos danos por parte da institución provincial.

A Deputación incrementou o mércores os medios mobilizados no operativo que activou para facer fronte ós efectos do temporal ata chegar a un total de 74 traballadores, 24 máquinas quitaneves, 11 pick up con saleiro e cuña quitaneves, 8 vehículos todoterreo de apoio e un medio mecanizado para mover as árbores de gran tamaño que foron derribadas polo temporal sobre as vías.

O 112 ten desactivada a alerta por neve pero mantén activa a de posibles desbordamentos de ríos polas intensas choivas, aínda que o nivel da auga está baixando nas zonas que xa foron inundadas.

O BNG impulsa medidas no Parlamento galego polos desbordamentos dos ríos a causa do temporal Fien

A deputada por Lugo do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil, visitou hoxe Begonte para comprobar en situ as consecuencias do desbordamento dos ríos por mor do temporal Fien, o que ocasionou grandes danos e incluso o desprazamento da veciñanza que habita perto dos leitos.

Por isto, o BNG impulsou no Parlamento de Galiza diferentes iniciativas para o pleno que se celebrará a vindeira semana, nas que se demanda coordinación dos Concellos, a FEGAMP, as Diputacións e o Estado para levar a cabo medidas para reparar os danos causados.

Ante esta proposta, Olalla Rodil anunciou “instamos á Xunta como aos Concellos e á FEGAMP a avaliar os danos provocados e analizar medidas para a reparación, como tamén, que o Goberno galego dote dun fondo económico para colaborar cos concellos afectados”.

Neste senso, a deptuada destacou “é preciso aplicar medidas canto antes para reparar os danos causados polos desbordamentos dos ríos e que as persoas efectadas poidan recuperar a normalidade”.

De igual xeito, Olalla Rodil salientou que é imprescindíbel a colaboración entre as diferentes administracións “cómpre coordinación e boa comunicación entre todas as administracións para dotar axudas ás persoas máis afectadas, que viron como as súas casas ou estabelecementos quedaron cheos de auga”.

0.13580298423767