Rafael Castillo, neto de Antonio Reboiro: "Somos máis dignos porque pasamos do imposible ao verdadeiro"
O acto de homenaxe do alcalde asasinado polo franquismo, Antonio Reboiro, comezou no salón de plenos da Concello coas intervencións do tenente de alcalde Ricardo Rodicio; a subdelegada do goberno en Lugo, Isabel Rodríguez; e o secretario do Concello e neto de Reboiro, Rafael Castillo.
Na parede do salón, colgouse a declaración de reparación e recoñecemento persoal emitida polo Ministerio da Memoria Democrática a favor de Antonio Reboiro.
Despois, o acto trasladouse á Casa da Cultura 'Olga Novo' onde se descubriu a placa, seguido das intervencións de Efrén Castro, vicepresidente da Deputación de Lugo; o arqueólogo e investigador Xurxo Ayán; a poeta Olga Novo, así como Carmen García-Rodeja, voceira da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica.
Tamén estiveron presentes na mesa a concelleira Noelia Besteiro e Lucita Reboiro, filla do homenaxeado. Pecharon Antón e Marisa coa lectura do romance escrito por Sara Marchena para a memoria de Antonio Reboiro, unha copia do cal entregóuselles ao público asistente ao final do acto.
Dende hoxe, "somos máis dignos porque por fin pasamos do imposible ao verdadeiro", citando a Olga Novo dixo Rafael Castillo na súa intervención no acto no que, ademais, se inaugurou a placa da Biblioteca Antonio Reboiro.