Quiroga recibiu preto de 2.000 peregrinos durante 2024
1.963, dos 2.870 que percorreron en 2024 o Camiño do Inverno en dirección Santiago de Compostela, peregrinos pasaron o pasado polo concello de Quiroga. Así o amosan os datos do rexistro da Oficina do Peregrino de Santiago, que contabiliza o número de peregrinos que chegan cada día á capital compostelá tras recorrer calquera das camiños oficiais de peregrinación, e da oficina de turismo de Quiroga.
Dende o Concello de Quiroga informan que os meses de máis afluencia foron xullo, con 572 peregrinos, seguido de maio, con 371, e agosto con 352. Mantense con respecto ao ano 2023 o mes de xullo como o de máis afluencia, non así maio e agosto, xa que no 2023 os meses máis concorridos foran agosto e setembro.
Ademais, destaca o número de peregrinos que realizan o camiño a pe, cun total de 2.434, o que supón preto do 91%. A eles seguen os que utilizan como medio de peregrinación a bicicleta, que foron 175.
Segundo a súa procedencia, practicamente a totalidade do peregrinos que pasaron por Quiroga este 2024 foron españois (1.968), a maioría deles procedentes da Comunidade Valenciana e Andalucía, seguidos de Cataluña e Madrid. En canto aos estranxeiros, a maioría foron peregrinos procedentes de Italia, Portugal e Estados Unidos.
Case a totalidade destes peregrinos que optaron por chegar a Compostela tras recorrer esta vía Xacobea comezaron o seu recorrido en Ponferrada, pero 78 deles decidiron comezar en Quiroga, explican desde o Concello.
Entre Quiroga e Santiago hai un total 170 quilómetros, o que permite a estes peregrinos que deciden arrancar o eu traxecto na vila obter a Competela á súa chegada ao Obradoiro, xa que para obtela, aqueles que fan o camiño a pé deben percorrer polo menos 100 quilómetros.
Dende o Concello lembran que a Oficina de Turismo de Quiroga conta coa Credencial oficial do peregrino. Trátase da tarxeta precisa para que todos os peregrinos leven os selos dos lugares polos que pasan no seu camiño a Santiago e que se precisa para recibir a Compostela. Na Oficina de Turismo contase, ademais, cun selo propio do Camiño, no que están reflectidos aqueles lugares máis distintivos do municipio polos que pasa a ruta, e que foi impreso na meirande parte das credenciais dos peregrinos do Camiño de Inverno.