Quiroga organiza unha viaxe pola Ribeira Sacra do Miño o 16 de novembro

RibeiraSacraXa
Os participantes visitarán o Mosteiro das Bernardas, o Ecomuseo de Arxeriz, o Miradoiro do Cabo do Mundo, a igrexa de Santa María de Nogueira de Miño e a adega Pilares de Belesar
Ribeira Sacra
2 Nov 2025

A Concellería de Turismo do Concello de Quiroga ten programada para o domingo 16 de novembro unha viaxe pola Ribeira Sacra do río Miño, unha proposta que combina natureza, patrimonio e enoturismo.

A excursión, que contará cunha guía oficial de turismo, inclúe visitas ao Mosteiro das Bernardas, ao Ecomuseo de Arxeriz, ao Miradoiro do Cabo do Mundo, á igrexa de Santa María de Nogueira de Miño e á adega Pilares de Belesar, onde se realizará unha cata de viños.

O prezo da viaxe é de 28 euros por persoa, e inclúe o xantar en Chantada, as entradas e a visita á adega.

As inscricións poden formalizarse ata o mércores 12 de novembro nos teléfonos 982 43 51 25 ou 982 43 89 51. Desde o Concello lembran que as prazas son limitadas, polo que se recomenda reservar con antelación.

⚙ Configurar cookies
0.086384057998657