Por Chantada presentará unha moción no pleno para denunciar o xenocidio en Gaza

RibeiraSacraXa
Entre outras medidas, solicitan retirar a bandeira da Unión Europea do balcón e das dependencias municipais en tanto a Comisión Europea non condene con rotundidade o xenocidio e suspenda o Acordo de Asociación con Israel
antom-fente
Por Chantada
14 Sep 2025

O grupo municipal Por Chantada – Interior Galego Vivo presentou unha moción para o próximo pleno da corporación municipl para denunciar denuncia “de xeito contundente” o xenocidio cometido polo Estado de Israel contra a poboación palestina e o apartheid imposto en Cisxordania. A iniciativa recolle datos de Nacións Unidas e organizacións humanitarias que alertan de máis de 56.000 palestinos asasinados, entre eles 18.000 nenos e nenas, e sinala o asedio total a Gaza, a destrución de hospitais, escolas e infraestruturas básicas, así como a situación de fame que afecta á poboación.

“Non podemos aceptar que a Unión Europea e o Reino de España sigan caladas, fornecendo armas e mantendo acordos comerciais con Israel en canto se comete unha barbarie comparábel aos episodios máis negros da historia recente”, afirman dende o grupo municipal. A moción propón, entre outras medidas, condenar o xenocidio en Gaza e o apartheid en Cisxordania, declarar a Benjamin Netanyahu persoa non grata, instar ao Goberno español a liderar na UE un embargo comercial total a Israel, incluíndo a compra e venda de armamento, e impulsar sancións conforme á Carta das Nacións Unidas. Tamén solicita retirar a bandeira da Unión Europea do balcón e das dependencias municipais mentres a Comisión Europea non condene con rotundidade o xenocidio e suspenda o Acordo de Asociación con Israel.

“Chantada debe alzar a súa voz contra a barbarie e a prol dos dereitos humanos. Quen cala ou xustifica é cómplice” denuncian.

⚙ Configurar cookies
0.16800785064697