Por Chantada organiza as I Xornadas da Comunidade centradas na cuestión migratoria

Por Chantada – Interior Galego Vivo organiza as I Xornadas da Comunidade, unha iniciativa que nace como un espazo anual de reflexión sobre temas de relevancia para o concello. Esta primeira edición, que terá lugar o 28 de febreiro no Círculo Recreatiivo Cultural, centrarase na cuestión migratoria e nas problemáticas que afectan á veciñanza migrante.
O obxectivo explican dende Por Chantada, é, por unha banda, xerar espazos de construción social e cohesión comunitaria e, por outra, facer fronte ás dinámicas racistas e xenófobas que dificultan a vida das persoas de procedencia estranxeira. Para iso, combinaranse intervencións académicas e técnicas coas experiencias directas de migrantes, dando voz aos relatos da convivencia e promovendo o coñecemento compartido como ferramenta de empoderamento.
Programa
- 10:30 horas. Presentación
- 10:40 – 13:30 horas. A cuestión migratoria desde a experiencia técnica
Luzía Oca González, USC: Desmontando o mito da integración perfecta da migración caboverdiana en Burela.
Gabriela L. Frías Goytia (en liña), CEMDRI e plataforma Homologantes Bolivianxs en España: As mulleres na loita polas homologacións de títulos universitarios estranxeiros.
Soledad Lucero Toapanta, Movilidad Humana: Cuerpos rotos: emprego en el hogar y cuidados. La realidad de las mujeres migrantes que sostienen la sociedad.
Omneia Sadek El Shahat, Asociación Sabili: Comunidade fronte ao odio: achegas para humanizar a experiencia migratoria. - 11:30 – 12:00 horas. Pausa-café e encontro
- 17:00 a 19:30 horas. Mesa redonda e foro aberto para que a veciñanza comparta as súas propias experiencias migratorias.