Pantón inaugurará este venres a mostra ‘Nós tamén fomos emigrantes’ na Casa da Cultura

A Casa da Cultura de Pantón acollerá a partir deste próximo venres, 20 de febreiro, a exposición ‘Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX’.
A mostra poderá verse de luns a venres de 10:00 a 20:00 horas e os sábados de 10:00 a 14:00 horas, até o 23 de marzo.
Organizada por Afundación, a exposición consiste nunha selección de corenta fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. A través destas imaxes, búscase achegar ao público a esa realidade histórica a través dunha síntese fotográfica das migracións mediante a mirada profesional e humana dos fotoxornalistas da época.