Pantón celebra o éxito de participación do encontro "Por que nos xuntamos os homes?"

RibeiraSacraXa
A actividade, dirixida a homes, abordou temas como os privilexios, problemáticas e responsabilidades asociadas ao xénero masculino
xornada-homes-25-n-panton
21 Nov 2025

Unha trintena de homes participaron o pasado martes na Casa da Cultura de Ferreira nun encontro destinado a reflexionar sobre a figura do home e o seu papel na sociedade actual. Durante a sesión, os asistentes intercambiaron experiencias e opinións para abordar temas como os privilexios, problemáticas e responsabilidades asociadas ao xénero masculino.

As cuestións plantexadas durante o encontro, explican desde a organización, abriron a porta á organización de novas reunións que se esperan levar a cabo nos próximos meses.

Esta actividade forma parte da programación organizada con motivo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

⚙ Configurar cookies
0.06990909576416