Pantón acolleu unha nova xuntanza masculina para avanzar na loita contra a violencia machista

RibeiraSacraXa
Arredor dunha decena de veciños participaron na terceira xuntanza do ciclo “Por que nos xuntamos os homes?”
xuntanza-homes-25-n-panton
10 Feb 2026

O Concello de Pantón organizou unha nova charla de “Por que nos xuntamos os homes?” a pasada semana, logo do éxito das dúas primeiras edicións desta iniciativa que forma parte da programación organizada con motivo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

A actividade, que só na súa primeira edición reuniu a unha trintena de homes, busca reflexionar sobre a figura do home e o seu papel na sociedade actual. Durante as sesións, os asistentes poden intercambiar experiencias e opinións para abordar temas como os privilexios, problemáticas e responsabilidades asociadas ao xénero masculino.

Durante a última sesión, os participantes abordaron de forma directa a Violencia de Xénero, tomando como punto de partida o recente asasinato dunha muller a mans da súa ex-parella no concello de Mos.

Ademais, os asistentes colleron o relevo dos guías da actividade e prepararon algo de petiscar, transmitindo así a idea e o costume de coidarse uns a outros, preparando, neste caso, alimentos para compartir

⚙ Configurar cookies
0.093147993087769