Os seráns de cine e teatro regresan a Quiroga

RibeiraSacraXa
O programa levará á Casa da Cultura e ao Auditorio Municipal un total seis espectáculos entre novembro e decembro
recurso-teatro
4 Nov 2025

O Concello de Quiroga recupera este outono-inverno a súa programación cultural con varias propostas de cinema e teatro para todos os públicos. As actividades desenvolveranse entre novembro e decembro, tanto na Casa da Cultura como no Auditorio Municipal, dentro do programa Circuitos de Teatro da Deputación de Lugo promovido Área de Cultura da Vicepresidencia.

O ciclo arrincará o venres 7 de novembro coa proxección-coloquio da curtametraxe ‘Pura’, gañadora do Premio Mestre Mateo 2025, na Casa da Cultura.

O domingo 9 de novembro, o Auditorio Municipal acollerá o espectáculo de teatro acrobático ‘Serie Clopen’, unha produción do Centro Dramático Galego que, neste caso, chega á viila co apoio da Xunta de Galicia.

A seguinte cita será o sábado 29 de novembro, tamén na Casa da Cultura, coa proxección da película ‘Antes de Nós’, dirixida por Ángeles Huerta e escrita por Pepe Coira sobre a figura de Castelao.

Xa en decembro, o público poderá desfrutar de tres representacións teatrais no Auditorio Municipal. O venres 19, Galeteatro levará ás táboas ‘Berenguela na gaiola’, o domingo 21, o Grupo Humorístico O Trípode representará ‘A presa’, e o luns 29, Señor López Producións pechará o programa co espectáculo ‘A viaxe do señor López’.

⚙ Configurar cookies
0.080878973007202