Os nenos e nenas de Ribas de Sil recibiron unha visita especial de Papá Noel

A pasada semana, o CEIP de San Clodio viviu unha xornada especial coa celebración do seu Festival de Nadal, que incluíu diversas actividades tanto no propio centro educativo como nas rúas de San Clodio e no salón de actos do Concello.
As actuacións dos nenos e nenas, organizadas polos mestres e mestras, foron o corazón do evento, que tamén contou coa visita do Elfo e Papá Noel, enchendo de ilusión e alegría a todos os asistentes.
Ademais da festa, a comunidade educativa aproveitou para promover valores solidarios coa organización dunha carreira a favor de Save the Children, unha iniciativa pensada para fomentar a solidariedade entre as futuras xeracións.