Os máis pequenos de Quiroga despediron o Samaín cunha festa no Centro Social

RibeiraSacraXa
Os participantes gozaron dunha merenda e música en directo a cargo de Paco Nogueiras, que puxo ritmo e diversión á xornada
samain-infantil-quiroga
4 Nov 2025

O Samaín chegou ao seu final en Quiroga cunha animada celebración organizada polo Concello desde a área de Infancia. Na tarde de onte, o Centro Social encheuse de risas, música e moitos disfraces nunha festa pensada para os máis pequenos do municipio.

Os nenos e nenas desfrutaron dunha tarde de xogos e conviviencia caracterizados de cabazas, pantasmas, esqueletos, noivas zombis ou catrinas, enchendo o espazo de cor e imaxinación. A concelleira de Infancia, Maite Pérez Grao, quixo sumarse tamén á celebración e compartir con eles esta tarde tan especial. Durante o evento, os participantes gozaron dunha merenda e música en directo a cargo de Paco Nogueiras, que puxo ritmo e diversión á xornada.

A festa, que pechou a programación de Samaín en Quiroga, contou coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, contribuíndo a facer desta actividade un encontro lúdico e participativo para as familias do municipio

⚙ Configurar cookies
0.069570064544678