Os fornos alfareiros de Niñodaguia, o último reduto da olaría tradicional galega

RibeiraSacraXa | OurenseXa
Tamén chamados “cacharreiros”, “xarreiros” ou “calleiros”, estes fornos manteñen practicamente intacta a olaría tradicional, o que os converte nun dos lugares máis senlleiros de toda Galicia
Fornos Alfareiros de Niñoaguia
Fornos alfareiros de Niñodaguia
22 sep 2024

A localidade de Niñodaguia, no municipio de Xunqueira de Espadanedo, garda un dos últimos redutos  que quedan en Galicia da olaría tradicional, un oficio que ao longo dos anos foi desaparecendo debido aos avances tecnolóxicos e cuxa tradición comezou xa na época galaico romana.

Tamén chamados “cacharreiros”, “xarreiros” ou “calleiros”, estes fornos manteñen practicamente intacta a olaría tradicional, converténdose nun dos lugares máis senlleiros non só da provincia de Ourense, senón de toda Galicia.

Un dos seus maiores atractivos é o peculiar ‘Barro Amarelo’ atopado neles, un tipo único de arxila que se atopa no Monte do  Barro, na localidade de Veigachá, situada a menos de dous quilómetros da localización destes fornos e lugar onde tradicionalmente realizábase a extracción do barro que, posteriormente, era levado a Niiñodaguia.

Os tres fornos conservados atópanse totalmente rehabilitados e abertos ao público no chamado Campo da Feira de Niñodaguia.

Para coñecer máis sobre este oficio tradicional, o municipio conta co Museo Taller de Alfarería de Niñodaguia, cunha ampla colección de pezas realizadas co proceso tradicional e onde os visitantes pódense somerxer nos segredos do torno rápido e coñecer todos os detalles deste oficio con séculos de historia e onde o segredo está na alquimia. "Terra, auga, lume e aire transfórmanse en arte grazas á sabedoría ancestral do cacharreiro, demiúrgo que coas súas mans libera a alma da materia".

0.20203995704651