Os escritores Pablo Veiga e Fernanda Arrojo organizan unha presentación literaria en Monforte

A Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos acollerá este venres, 7 de novembro, ás 18:30 horas, unha presentación literaria conxunta da man dos autores lucenses Pablo Veiga e Fernanda Arrojo.
Arrojo presentará a súa novela curta ‘Turno de vacaciones’, unha obra que afonda nos medos e nas autolimitacións das persoas con discapacidade. Pola súa banda, Veiga presentará ‘La marcha de Anxo’, unha historia que fala “daqueles que marchan porque teñen que marchar”.
A presentación está organizada por Erucheia Edicións coa colaboración do Concello de Monforte.