O vindeiro 1 de setembro abre o prazo para apuntarse ao XI Quiroga Trail Challenge

RibeiraSacraXa
O evento deportivo desenvolverase os vindeiros 15 e 16 de febreiro no Xeoparque Montañas do Courel
Quiroga-Trail-Challenge-8
27 Aug 2024

O vindeiro domingo, 1 de setembro, ás 20.00 horas, comezará unha vez máis o prazo para anotarse na XI Edición do Quiroga Trail Challengue.

A organización do evento, consagrado xa como proba líder das carreiras de montaña en Galicia, comunica que o 15 e 16 de febreiro de 2025 volverase gozar do incomparable marco que ofrece o Xeoparque Montañas do Courel e da comarca de Quiroga en todo o seu esplendor.

Nesta edición aparecen novas distancias que buscan os mellores percorridos e adaptarse a todos os gustos. En distancia ultra poderase escoller entre 83 ou 53 km, para os que queiran dar o salto a esta modalidade. Permanece a maratón de 42, o trail de 29 e o minitrail de 17 km.

Estrearase distancia de 10 kms, tanto o sábado coma o domingo: “as carreiriñas”, para aqueles que busquen iniciarse no mundo do trail ou, simplemente, gozar dun percorrido máis curto.

Tamén se manterá a andaina do sábado e as modalidades de circuíto: correr os dous días da fin de semana ou un único día de calquera dos dous.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13169407844543