O último concerto do ciclo de musical medieval 'De Trovas e Cantigas' chega este domingo a Taboada

RibeiraSacraXa
Paloma Gutiérrez del Arroyo e Manuel Vilas darán o concerto na igrexa de Bembibre baseado na interpretación dunha das cantigas máis populares do repertorio das Cantigas de Santa María
Paloma Gutiérrez del Arroyo
Paloma Gutiérrez del Arroyo
22 Nov 2024

A igrexa de San Pedro de Bembribe, en Taboada,, acollerá este domingo -29 de outubro- , ás 17.30 horas, o concerto “A cantiga máis longa” de Paloma Gutiérrez del Arroyo e Manuel Vilas.

A actuación, incluída no I Ciclo de Música Medieval Lugo De Trovas e Cantigas, promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, céntrase na interpretación da cantiga 115 das Cantigas de Santa María, coñecida como a máis extensa deste obra da lírica medieval en lingua galega atribuída a Afonso X.

A interpretación vocal de Paloma Gutiérrez del Arroyo e a instrumental de Manuel Vilas, coa arpa, adaptan esta peza tan especial a unha audiencia actual, desde a coherencia e o respecto aos manuscritos nos que se conservou o Códice Rico, o Códice dos Músico e o Códice de Toledo. A actuación compleméntase coa proxección do texto da versión da cantiga en galego moderno, adaptada por Henrique Monteagudo, e das miniaturas coas que se representou a cantiga no Códice Rico.

O concelleiro de Cultura de Taboada Manuel Diéguez Vázquez convidou a asistir “a este concerto que amplia e diversifica a axenda cultural do concello, poñendo en valor un ben patrimonial como a igrexa de Bembibre, un dos mellores expoñentes do patrimonio do románico en Taboada”

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro destacou que "ademais de contribuír a visibilidade do patrimonio arquitectónico, este ciclo musical incide no traballo que se ven desenvolvendo para poñer en valor o patrimonio musical que o Centro de Artesanía e Deseño atesoura en relación coa construción e o estudo dos instrumentos medievais, que supoñen unha oportunidade para o intercambio con outras tradicións musicais europeas".

O Ciclo de Música Medieval que agora chega a Taboada iniciouse en abril pasado no Centro de Artesanía e Deseño, e continuou cunha actuación da formación Malandança no mosteiro de Samos e a do laudista Borj Zuljan na Igrexa de San Martiño de Mondoñedo, en Foz.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19079995155334