O Trece Roeis Fest confirma aos seus primeiros artistas para a edición de 2025

RibeiraSacraXa
Sés, Dakidarría, Sínkope, Gin Toni’s e os Festicultores estarán na sexta edición do festival, que se celebrará o 20 e 21 de xuño en Pantón
Trece-Roeis-2022
28 Feb 2025

O Trece Roeis Fest regresará a Pantón os días 20 e 21 de xuño de 2025 para celebrar a súa sexta edición.

A organización vén de facer público o primeiro avance do cartel de este ano. Polo de agora, os artistas confirmados son Sés, Dakidarría, Sínkope, Gin Toni’s e os Festicultores.

O festival, que enche cada ano de música esta vila en pleno corazón da Ribeira Sacra, contou o ano pasado con artistas de recoñecido prestixio no panorama nacional e galego, como Soziedad Alkoholika, Sôber, Skizoo, Fillas de Cassandra ou Arrhythmia, colleitando un gran éxito entre os asistentes, que se espera repetir nesta edición.

⚙ Configurar cookies
0.68980693817139