O Sergas fará un cribado voluntario en Chantada esta fin de semana
RibeiraSacraXa
O cribado, que se fará entre o sábado pola tarde e o domingo, vai dirixido a persoas que traballan na atención ao público
10 Mar 2021
O Sergas fará, o vindeiro sábado 13 de marzo, un cribado en Chantada dirixido a persoas que traballan na atención ao público.
O Concello vén de anunciar que a realización destas probas PCR será voluntaria, polo que as persoas interesadas poden anotarse, ben en persoa ou ben chamando por teléfono, na Casa da Cultura e no Edificio Multiusos. Os teléfonos son 982 44 17 52 e 982 46 22 99.
O cribado farase entre o sábado pola tarde e o domingo, estando por determinar o lugar, en función do número de persoas que se apunte.
O Concello chantadino adianta que comunicará a ubicación definitiva a través das súas redes sociais e lembra que, no caso de ter síntomas de coronavirus ou estar en corentena, non se debe acudir á realización destas probas.