O programa “Descubrir Quiroga” continúa esta fin de semana con dúas actividades

RibeiraSacraXa
O sábado 13 de setembro terá lugar a actividade “Paisaxes sonoras do Val da Seara” e o domingo os participantes poderán gozar dun voo en parapente
descubrir-quiroga-fervenzas
Imaxe dunha actividade do programa "Descubrir Quiroga"
10 Sep 2025

O programa “Descubrir Quiroga” organizará este fin de semana dúas novas propostas para desfrutar do concello. O sábado 13 de setembro terá lugar a actividade “Paisaxes sonoras do Val da Seara”, e o domingo 14 os participantes poderán experimentar a sensación de voar en parapente desde Vilañán.

Durante a actividade de parapente sortéanse un total de seis voos, e os interesados aínda poden inscribirse ata este xoves 11 de setembro.

Para participar ou solicitar máis información, pódese contactar coa Oficina de Turismo de Quiroga, chamando ao 982 43 51 25 ou enviando un correo a turismo.quiroga@eidolocal.es.

⚙ Configurar cookies
0.093930006027222