O programa ‘Descubir Quiroga’ levará aos participantes a coñecer Montefurado
RibeiraSacraXa
A proposta terá lugar o 20 de setembro

13 Sep 2025
O programa de dinamización turística ‘Descubir Quiroga’ levará aos participantes a descubrir Montefurado e o pasado romano da zona a través dunha ruta que terá lugar o vindeiro 20 de setembro.
A actividade, titulada ‘Montefurado, Terra de Romanos’, incluirá unha visita á adega Alvaredos-Hobbs despois da ruta, con degustación incluída.
Para participar haberá que inscribirse previamente a través do teléfono
982 435 125, ou por correo electrónico na dirección turismo.quiroga@eidolocal.es.