O PP de Monforte levará ao próximo pleno unha moción para elaborar unha Relación de Postos de Traballo

RibeiraSacraXa
El PP de Monforte de Lemos llevará al próximo pleno una moción para instar al gobierno a realizar una relación de puestos de trabajo.
18 Feb 2022

O PP de Monforte pedirá no vindeiro pleno que o Concello elabore unha Relación de Postos de Traballo (RPT) por medio dunha consultora externa, e co fin de que esta poida ser aprobada canto antes. Os populares adoptaron esta decisión logo de que tras un ano dende que se emitiu o informe de Intervención no que reflectía a necesidade de contar con este documento, a entidade local continúa sen este documento incumprindo con elo o estatuto básico do empregado público, a continúa xurisprudencia e o propio informe de do servizo de Intervención.

A voceira Katy Varela agarda que o goberno local “apoie a nosa iniciativa, xa que se trata dun elemento básico para a organización do persoal municipal”. Por este motivo, dende o PP pídenlle a Tomé que “abandone, por un día, os asfaltos de lavado de imaxe e a gravata para ir á Deputación, e axilice cuestión tan importantes para o noso Concello coma esta”.

A necesidade de elaborar unha relación de postos de traballo na administración pública contémplase no artigo 74 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido de la Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.

En abril de 2021 o órgano interventor deste Concello asina o informe resumo dos resultados do control interno durante o ano 2020 e menciona como deficiencia o non ter aprobada a RPT. O informe di:

“Tense advertido ao longo do exercicio 2020, de igual xeito que no 2019 da existencia de contratos temporais cuxa formalización, con este carácter temporal, tívose realizado fai mais de dez anos, polo que dita temporalidade non queda xustificada na medida en que os traballadores viñan prestando os seus servizos de forma ininterrompida dende entón como mínimo, sen que a Administración poida atribuír a condición de fixeza a dito persoal cunha adscrición definitiva do posto de traballo, vindo obrigada a adoptar as medidas necesarias para a provisión regular dos mesmos na forma legalmente procedente, conforme a reiterada xurisprudencia nesta materia (Sentenzas do Tribunal Supremo de 21 de xaneiro e 22 de setembro de 1998, 19 e 26 de xaneiro de 1999, 8 de febreiro e 29 de novembro de 2000, entre outras). Reiterouse tamén a necesidade de dotar ó concello de Monforte dunha Relación de Postos de Traballo, como documento no que se concretarían os postos que teñen carácter estrutural. Advertiuse novamente tamén que o réxime de cotización aplicado nas nóminas ó persoal do servizo de cometidos especiais era incorrecto, sendo procedente a aplicación do propio do posto que desempeñan na actualidade, e non o de postos desempeñados con anterioridade. “

E conclúe: A xuízo desta Intervención, é imprescindible a regularización da situación de determinado persoal municipal nos termos descritos con anterioridade. Así mesmo segue a considerarse urxente e imprescindible a aprobación dunha relación de postos de traballo que sirva de plan estratéxico para determinar as características, circunstancias e requisitos específicos de cada posto de traballo; axustar o número de postos ás necesidades dos distintos servizos, seccións ou unidades, conseguindo unha mellora na distribución do traballo; establecer validamente as retribucións que corresponden a cada posto en función dos factores que sirvan para a súa valoración; determinar a política de provisión de postos que se requirirá para as novas contratacións que figuren na relación e concretar as condicións xerais dos colectivos existentes na organización.

3 MILLÓNS EN REPAROS
Katy Varela critica que Tomé intente sacarlle importancia a que a entidade local tivese que pagar 3 millóns de euros en reparos. “O seu descaro non ten límites”, afirma, pois “estamos a falar de 500 millóns das antigas pesetas para servizos incumprindo a Lei de Contratos do Sector Público. O Sr. Tomé debe de querer que Monforte sexa a cidade sen lei”, afirma.

Neste senso, consideran que a contestación dada “roza o máis absoluto ridículo e, o que é peor, que xestionar correctamente os fondos públicos é o de menos. Con todo, para nós facer así as cousas é un auténtico fraude ás arcas municipais”.

0.10645508766174