O Goberno de Bóveda explica que aínda non saíron as subvencións

RibeiraSacraXa
O PP de Bóveda asegura que aínda non existe un regulamento para esas subvencións, polo que ninguén as puido solicitar, tampouco o rexedor.
casa do concello de boveda
29 Jun 2021

O Goberno local de Bóveda, saíu ao paso das acusacións do PSOE nas que aseguraba que o alcalde beneficiouse das axudas do Concello.

Deste xeito, aseguran dende o ente municipal que aínda non existe un regulamento para esas subvencións, polo que ninguén as puido solicitar polo de agora, tampouco o rexedor.

Engaden que este ano pedíronse varias licenzas de obra, "se ben as subvencións aínda non se poden solicitar, ata que se aprobe o regulamento e se estableza que tipo de actuacións se van poder acoller".

"Despois será decisión de cada persoa solicitalas ou non e, posteriormente, valorarase a súa concesión sempre e cando cumpran os requisitos", conclúen.

0.15293288230896