O escolta Seikhou Konte inrcopórase ás filas do CB Chantada

RibeiraSacraXa
O novo xogador chega procedente do Bosco Salesianos Ourense e súmase ás renovacións xa confirmadas de Cristian Iglesias, Anxo Casais, Pablo Díaz e Fabio Canitrot
Seikhou Konte Sylla-cb-chantada
Seikhou Konte Sylla
9 Sep 2025

O Ucoga Seguros CB Chantada incorpora nas súas filas a Seikhou Konte Sylla, escolta catalán de 24 anos e 1,90 m de altura, nacido en Granollers (Barcelona).

O novo xogador chega procedente do Bosco Salesianos Ourense, equipo no que militou a pasada campaña, e conta cunha ampla experiencia na Tercera FEB tras pasar por conxuntos como o Caja Rural Zamora (23-24) ou o Gijón Básket (22-23).

Na súa traxectoria na competición, Seikhou asinou unhas medias destacadas: 9,5 puntos por encontro, cun 52% de acerto en tiros de dous, 24% en triplas, ademais de 4,6 rebotes, 1,6 asistencias e 1,2 recuperacións por partido. Trátase dun xogador moi físico, intenso e cunha gran capacidade de traballo, cualidades que agora se poñerán ao servizo do equipo baixo a dirección de Fafián e Albertito.

Con esta fichaxe o equipo continúa a construír o seu plantel para a nova tempada, que plo de agora conta coas renovacións xa confirmadas de Cristian Iglesias, Anxo Casais, Pablo Díaz e Fabio Canitrot.

⚙ Configurar cookies
0.16836500167847