O CSIC organiza unhas xornadas de divulgación arqueolóxica sobre o Monte Cido

O CSIC organiza os vindeiros días 5 e 6 de abril en Seoane do Courel as Xornadas de Divulgación Arqueolóxica ‘O Monte Cido: A Serra do Courel no tempo de Roma’, e que contarán coa participación de diversos expertos na materia, para afondar sobre o patrimonio histórico deste territorio. Ademais, haberá unha ruta guiada ao Monte Cido.
O sábado 5 de abril de 2025 comezará ás 16.00 horas coa presentación de varios ponentes. Javier Arias Fouz, Delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, abrirá o acto, seguido por Roberto Castro, Presidente do Xeoparque Montañas do Courel, e Lola Castro, Alcaldesa de Folgoso do Courel. Ademais, participarán Roberto Pena, Xefe de Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, e Brais X. Currás, Investigador do Instituto de Historia do CSIC.
As 16:15, Brais X. Currás presentará a conferencia titulada "O Monte Cido, un sitio romano nas montañas do Courel". As 16.45 horas, Luis F. López González, de Terra Arqueos S.L. e membro do Comité Científico do Xeoparque Montañas do Courel, impartirá a charla "Castrexos e romanos: unha historia do territorio do Courel".
As 17.15 horas, Inés Sastre, Investigadora do Instituto de Historia do CSIC, dará a conferencia "El pacto de O Courel no contexto da integración do noroeste baixo o dominio de Roma". As 17.45 horas, Mercedes Fuertes Fuente, da Universidade de Oviedo, falará sobre "O ouro do Courel. Unha ollada xeoarqueolóxica".
As 18.15 horas farase un descanso. As 18.45 horas, F. Javier Sánchez-Palencia, Investigador do Instituto de Historia do CSIC, ofrecerá a súa charla "O ouro de Roma. Novas perspectivas na investigación das paisaxes mineiras a través do caso das Médulas". Finalmente, as 19.15 horas levarase a cabo unha mesa redonda titulada "O patrimonio cultural como ferramenta para o desenvolvemento rural", moderada por Nekbet Corpas, Investigadora do Instituto de Historia do CSIC. Participarán na mesa Roberto Castro, Lola Castro, Roberto Pena, José Manuel Blanco da Asociación Cultural San Xoán de Seoane do Courel, e Carlos Castro da Comunidade de Montes de Moreda.
O domingo 6 de abril de 2025, ás 10.30 horas, realizarase unha visita guiada ao Monte Cido, de dificultade media. Recoméndase levar calzado axeitado. A visita comezará na Estación Científica do Courel, en Seoane.