O Covirán Quiroga Fútbol Sala non participará en competicións oficiais esta tempada
Dende a directiva do club Covirán Quiroga Fútbol Sala comunican que nesta tempada non participarán en ningunha competición oficial.
Din que é unha "dura e meditada decisión, tomada por todos os compoñentes do club, e que queremos trasladar cos nosos afeccionados e veciños do pobo".
Así, achacan esta decisión á "escaseza de recursos humanos e a falta de seriedade e compromiso por parte do Concello ante o acordo alcanzado a tempada pasada, a cal pensamos agora mesmo que é a acertada". Porén, explican que "isto non quere dicir que non vaiamos a seguir traballando en novos proxectos, nin que o club desapareza, só que esta tempada non sacaremos equipo senior a competición", argumentan.
Por isto, o club e a asociación deportiva Covirán seguirán existindo e traballando na elaboración de novos proxectos, xa sexa en Quiroga ou noutro concello.
Finalmente, remataron agradecendo a todos os patrocinadores "por apoiarnos en todo, e grazas tamén a todos os que vós, que passates a gozar dos nosos partidos polo pavillón".