O Concello de Carballedo convoca o I Concurso de Fotografía “Mulleres Rurais de Carballedo”

RibeiraSacraXa
As imaxes poderán enviarse ata o 30 de novembro e deben ser actuais
carballedo-concurso-mulleres-rurais
11 Nov 2025

O Concello de Carballedo pon en marcha o seu primeiro concurso de fotografía dedicado ás mulleres rurais do municipio. As imaxes deberán amosar mulleres empadroadas en Carballedo realizando calquera actividade da vida cotiá no rural: traballando na horta ou no establo, recollendo castañas, facendo un caldo, cosendo, xogando cos nenos, practicando deporte ou gozando da natureza.

O obxectivo é amosar con liberdade e creatividade o espírito das mulleres de Carballedo, e poden aparecer máis dunha muller ou tamén nenos e nenas.

Desde o Concello aclaran que as fotografías deben ser imaxes actuais, feitas hoxe en día, e non fotos antigas de arquivo familiar. Ademais, lembran que mulleres rurais son todas as que viven e traballan no rural, independentemente da súa profesión.
O prazo para o envío das fotografías remata o 30 de novembro, e cada participante poderá enviar unha soa imaxe ao correo info@concellodecarballedo.es.

As fotografías recibidas serán expostas no Mercado de Nadal, os días 20 de decembro (Papá Noel) e 4 de xaneiro (Reis Magos), onde o público poderá votar de maneira anónima, cun voto por persoa.

⚙ Configurar cookies
0.071910858154297