O Concello da Pobra do Brollón pon a disposición dos nenos e nenas convites para asistir a Xuvenlugo

RibeiraSacraXa
Poden recollerse nas oficinas da Casa do Concello os días 29 e 30 de decembro e 2 de xaneiro
convites-xuvenlugo
29 Dec 2025

O Concello da Pobra do Brollón pon a disposición dos nenos e nenas convites para participar na gran feira de lecer xuvenil Xuvenlugo, que se celebra ata o 4 de xaneiro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

Este evento ofrece inchables, xogos, obradoiros, actividades deportivas, sorteos e moitas outras actividades pensadas para toda a familia.

Os convites poderanse recoller nas oficinas da Casa do Concello os días 29 e 30 de decembro e 2 de xaneiro. Entregarase un convite por neno ou nena.

⚙ Configurar cookies
0.086188793182373