O CIM de Quiroga organiza un novo obradoiro de cerámica tras o éxito da primeira edición

RibeiraSacraXa
Será o 7 de marzo e estará impartido pola artesá e ceramista Amparo Escrich
obradoiro-ceramica-cim-quiroga
Imaxe do Obradoiro de Cerámica do CIM de Quiroga
23 Feb 2026

Tras o éxito da edición anterior, o Centro de Información á Muller de Quiroga volverá a organizar un obradoiro de cerámica impartido pola artesá e ceramista Amparo Escrich, quen ensinará aos participantes a crear un set de almorzo en barro gres, que inclúe un prato, unha cunca e un culler, en barro de grés.

Na pasa edición participaron unha vintena mulleres que traballaron no modelado manual do barro, dando forma ás pezas, para posteriormente proceder á súa decoración mediante técnicas de pintura.

A actividade terá lugar o sábado, 7 de febreiro en horario de 10:00 a 13:00 horas e para participar non será necesario ter experiencia previa en cerámica, pero si se require inscrición previa, que pode facerse presencialmente no Centro de Información á Muller de Quiroga ou chamando ao teléfono 982 438 951.

0.2165699005127