O Ciclo Mestre Mateo leva á Pobra do Brollón o documental ‘Filmei paxaros voando’

RibeiraSacraXa
O filme foi nomeado a Mellor Documental nos últimos Premios Mestre Mateo
filmei-paxaros-voando
12 Sep 2025

O Ciclo Mestre Mateo continúa este venres 12 de setembro na Pobra do Brollón coa proxección do documental ‘Filmei paxaros voando’, recentemente nomeado a Mellor Documental nos últimos Premios Mestre Mateo. A cita será ás 20:30 horas na Casa da Cultura 'Olga Novo', en A Pobra do Brollón.

O filme narra o regreso de Zeltia a Galicia despois de 20 anos vivindo en Barcelona, para filmar a memoria do seu tío Antonio, un artesán textil galeguista e gai que destacou durante os anos 80. Este retorno propicia o reencontro coa súa nai, Socorro, unha muller moi conservadora á que Zeltia rexeitaba. O empeoramento repentino da saúde de Socorro transforma a mirada de Zeltia, iniciando un camiño de volta a casa complexo, pero tamén cargado de amor, coidados e sanación.

O Ciclo Mestre Mateo está impulsado pola Academia Galega do Audiovisual, co apoio da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de A Pobra do Brollón.

⚙ Configurar cookies
0.17280602455139