O Ciclo Mestre Mateo continúa esta fin de semana en Taboada con dúas proxeccións

RibeiraSacraXa
A primeira delas será ‘Xustiza Artificial’, este sábado ás 21:00 horas
xustiza-artificial-mestre-mateo
13 Sep 2025

O ciclo Mestre Mateo continúa esta fin de semana en Taboada achengando ao público local dúas das producións recoñecidas nos premios do audiovisual galego.

A primeira delas será ‘Xustiza Artificial’, que se proxectará ás 21:00 horas no Cuartel Vello. Trátase dunha distopía que imaxina un sistema xudicial no que os xuíces son substituídos pola intelixencia artificial, convidando a reflexionar sobre os límites e riscos do uso da tecnoloxía.

O domingo, tamén ás 21:00 horas, será a quenda de ‘Prefiro condenarme’, filme ambientado nos últimos anos da ditadura franquista que narra a historia dunha muller ferrolá condenada por adulterio e sometida a un tribunal eclesiástico.

O ciclo está impulsado pola Área de Cultura, Deporte e Medio Rural e pola Área de Cultura da Deputación de Lugo, co obxectivo de descentralizar a exhibición cinematográfica en Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.11974501609802