O chantadino, Héctor Souto, leva á Selección de Fútbol Sala de Indonesia á victoria na Copa AFF 2024

RibeiraSacraXa
O adestrador suma un éxito máis na súa carreira internacional no fútbol sala
Héctor Souto
Héctor Souto
12 Nov 2024

O chantadino, Héctor Souto, vén de acadar a vitoria a na Copa AFF 2024 coa Selección de Fútbol Sala de Indonesia, da que é adestrador.

"Tras 14 anos sen conseguir o título, esta tarde gañamos a segunda AFF da historia de Indonesia, un torneo que ata o de agora só coñece dous campións: Thailandia (16 ) e Indonesia (2). Difícil de esquecer a sensación amarga de ver aos meus exogadores de Vietnam tan tristes ao final do partido. Moito ánimo para eles e para todo o futsal vietnamita", sinala o técnico chantadino nas súas redes sociais.

Desde o Concello de Chantada trasládanlle ao adestrador os seus "parabéns" por esta última vitoria, que se suma aos seus moitos triunfos no fútbol sala internacional.

⚙ Configurar cookies
0.79563188552856