O Centro Social de Quiroga acolleu o último Faladoiro do ano con Mariia, refuxiada ucraína

O pasado martes 30 de decembro, o Centro Social de Quiroga acolleu o derradeiro Faladoiro do ano, unha actividade promovida polo Concello de Quiroga desde a Concellería de Servizos Sociais e Participación Cidadá, en colaboración co Centro de Información á Muller. Nesta ocasión, a protagonista foi Mariia, unha refuxiada ucraína que chegou á vila en marzo de 2022, poucos días despois do inicio da guerra en Ucraína.
Mariia compartiu a súa experiencia de adaptación, destacando o seu esforzo por integrarse nas costumbres, o clima e a lingua locais.
Desde a súa chegada, traballou como coidadora e limpadora, e actualmente está empregada na Residencia de Maiores de San Clodio. O seu obxectivo é poder exercer como psicóloga, a súa profesión de orixe, cando poida convalidar o seu título. Ademais, manifestou o seu desexo de que o seu único irmán poida vir a España, algo que por agora non é posible debido ás restricións para os homes en Ucraína.
O Faladoiro é un espazo aberto á veciñanza para fomentar a socialización, o coñecemento e a participación cidadá. Tras unha breve presentación de Mariia, os asistentes participaron facendo preguntas e compartindo as súas propias experiencias.
A actividade estivo moderada por Xosé Manuel, concelleiro de Servizos Sociais e Participación Cidadá, e por Mayte Pérez Grao, concelleira de Educación, Infancia, Igualdade e Comunicación.
Durante este ano, pasaron polo Faladoiro persoas como Hermitas garcía Quiroga, hematóloga e veciña de Quiroga, que falou sobre “accidente cerebro vascular” máis coñecido como ictus, Teresa Taboada, resposable de “Espazo Sacro”, Aida Marcos, veciña de Bustelo de Fisteus, Mario Lillo, psicóloga e encargada de impartir as clases de memoria a través da entidade, Rubén Gutiérrez, enxeñeiro agrícola madrileño especializado en olivicultura asentado nas Covas e cantautor baixo o nome Peitoescuro, e Laura e Jeyco, responsables do proxecto 'Terriña Salvaxe', quenes contaron as súas experiencias de vida, baixo o lema “Quiroga, terra de acollida.