O CEIP Rosalía de Castro de Bóveda organiza unha xornada de portas abertas

RibeiraSacraXa
Será o próximo 11 de marzo pola mañá, aínda que o colexio tamén ofrece a posibilidade de concertar citas personalizadas
ceip-rosalia-de-castro-de-boveda-portas-abertas
21 Feb 2026

O CEIP Rosalía de Castro de Bóveda celebrará o próximo 11 de marzo, ás 10:30 horas, unha xornada de portas abertas destinada ás familias interesadas en coñecer as instalacións e o proxecto educativo do centro.

Para aquelas persoas que non poidan asistir na data sinalada, o colexio tamén ofrece a posibilidade de concertar citas personalizadas.

A reserva de praza estará aberta do 1 ao 20 de marzo, mentres que o período de matrícula para o curso 2026/2027 desenvolverase entre o 20 e o 30 de xuño.

0.08043384552002