O CB Chantada ficha ao base sueco Eddie Czerapowicz

RibeiraSacraXa
O novo base xa se encontra traballando baixo as ordes de Fafián e Albertito, preparando a súa integración no equipo de cara ao inicio da tempada
Eddie Czerapowicz
12 Sep 2025

O Ucoga Seguros CB Chantada continúa reforzando o seu cadro de cara á nova tempada e anunciou a incorporación do base sueco Eddie Czerapowicz, de 24 anos e 1,85 m de altura, nado en Gotemburgo (Suecia).

Czerapowicz chega cunha ampla experiencia tanto no seu país como en España. Formado en Suecia, xogou coas camisetas de Wetterbygden Stars (2019-2020), Umeå BSKT (2020-2022) e Södertälje BBK (2024-2025). Na súa etapa en España competiu en Terceira FEB co CB Ontinyent (2022-2023) e co CB Puerto Sagunto (2023-2024), antes de regresar á primeira división sueca coa súa última tempada no Södertälje BBK.

Durante o seu paso por competición española, Czerapowicz promediou 11 puntos por partido, cun 41 % en tiros de dous e un 33 % en triples, ademais de 3 rebotes, 2 asistencias e 1 roubo por encontro, cifras que destacan a súa capacidade para asumir a dirección de xogo e a súa fiabilidade dentro da pista.

O novo base xa se encontra traballando baixo as ordes de Fafián e Albertito, preparando a súa integración no equipo de cara ao inicio da temporada. Co seu fichaxe, o club reforza a dirección de xogo e completa un bloque que combina xuventude, talento e experiencia.
O Ucoga Seguros CB Chantada confirmou tamén a continuidade de pezas clave como Cristian Iglesias (ala-pívot), Anxo Casais (escolta), Pablo Díaz (base), Fabio Canitrot (base), William Burgos (pívot), Seikhou Konte (escolta) e Mario Rodríguez (escolta), aos que agora se suma Czerapowicz.

Ademais, o club, presidido por Chicho Montenegro, inaugurou onte a súa campaña de socios e socias, mantendo os prezos das últimas tempadas e animando a afección a seguir apoiando ao equipo.

⚙ Configurar cookies
0.14991807937622