O Castañazo Rock 2025 xa ten datas para o seu 20 aniversario

O Castañazo Rock regresará un ano máis a Chantada para festexar o seu vixésimo aniversario, que terá lugar os días 31 de outubro e 1 de novembro no Mercado Gandeiro.
Un ano máis, regresarán os concertos e os Cantos de Taberna, así como o xa tradicional Magosto, que se celebra no recinto do festival. Na pasada edición, recuperáronse tamén os Xogos Bravús e, como novidade, organizouse a I Feira de Artesanía, que tivo lugar na Praza do Cantón e contou con máis dunha decena de postos.
O cartel, que será confirmado en vindeiras datas, espera reunir un ano máis aos mellores artistas do rock galego e internacional, nunha edición que volverá a reunir a miles de persoas en Chantada para desfrutar da música, a gastronomía e as tradicións.