O Carude Rock regresa a Monforte esta fin de semana con cinco concertos gratuítos

RibeiraSacraXa
7 Rojo, A Pelo, Tregua, Doc Magoos e Sintrom Ni Son actuarán na praza de Carude
presentacion-carude-rock-2025
Presentación do Carude Rock 2025
5 Aug 2025

El barrio de Carude, en Monforte de Lemos, acogerá este fin de semana una nova edición do Carude Rock, que celebra o seu oitavo aniversario os días venres 8 e sábado 9 de agosto, a partir das 20:30 horas. Esta edición levará por lema “Carud’e y Tú” e mantén o espírito de anteriores convocatorias: música en directo ao aire libre, entrada gratuíta e protagonismo para grupos galegos.

Na presentación oficial, o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, estivo acompañado polos organizadores do festival: José Luís Vázquez “Lito”, Dolores Díaz, Juan Diéguez, Brais Rodríguez, Manuel Rodríguez (Chusco) e Sergio Díaz, ademais da primeira tenente de alcalde, Gloria Prada.

O festival, impulsado pola Asociación de Veciños do Barrio de Carude no ano 2016 como parte das festas de San Lázaro, pasou a celebrarse de forma independente desde 2019, debido á súa crecente relevancia dentro da programación cultural da cidade.

O Carude Rock conta co apoio do Concello de Monforte, que este ano achega unha subvención de 4.000 euros. Esta axuda enmárcase na política municipal de reforzo ás asociacións sen ánimo de lucro, que segundo destacan desde o goberno local, se incrementou nos últimos anos para "favorecer e fomentar que as asociacións de Monforte programen eventos culturais de interese para a cidade".

Durante a presentación, o alcalde definiu o festival como “un bo escaparate para que os grupos da nosa bisbarra e doutros puntos de Galicia, poidan dar a coñecer a súa música e facer desfrutar ó público con propostas de música en directo”. Ademais, engadiu que “supón unha importante actividade para o barrio de Carude, que esta fin de semana, estou seguro, recibirá a centos de visitantes”.

A programación inclúe as actuacións dos grupos 7 Rojo, A Pelo e Tregua, que tocarán o venres 8 de agosto desde as 20:30 horas. O sábado 9, no mesmo horario, será a quenda de Doc Magoos e Sintrom Ni Son. Todas as actuacións terán lugar na praza de Carude.

José Tomé quixo “felicitar aos organizadores do Festival polo seu traballo e continuidade na organización deste evento xa consolidado, ó cumprirse oito anos do seu nacemento” e animou “a todos os monfortinos, visitantes que se atopan na cidade e a todo o resto de persoas que queiran desfrutar dun fin de semana de música en directo ó aire libre, a vir ó Carude Rock este fin de semana, venres e sábado, días 8 e 9 a partir das 20:30 horas”.

⚙ Configurar cookies
0.16592001914978