O Bóveda Slam Poetry xa ten aos poetas clasificados para a Gran Final

O pasado sábado, 26 de abril, o Bóveda Slam Poetry puxo fin ás súas rondas clasificatorias para a Gran Final. Despois de cinco xornadas, os clasificados e clasificadas para o evento son José Antonio García, MeryJanneFunk, Cristina Pérez H., Roberto Do Pacio, Pitieira Yolanda Alcas e Néstor B.
Bóveda Slam Poetry chegou a Bóveda en marzo de 2023 coa intención de achegar a poesía escénica ao rural e converter Bóveda nunha das máis de trinta sedes de Poetry Slam que hai no estado.
Dende os seus inicios, pasaron por Bóveda máis de 30 poetas, participando nos distintos encontros de poesía escénica do Bóveda Slam Poetry que se organizaron até agora. A estes encontros hai que sumar a organización do II Poetry Slam Galicia, no que participaron as e os poetas gañadores das finais das tres sedes de ‘poetry slam’ galegas (Compostela, Carral e Bóveda) da tempada pasada e do que saíu gañador Peter Brea, representando a Poetry Slam Compostela.