O alumnado do CEIP Quiroga celebrará o 'Día de Rosalía' cunha charla a cargo da escritora local Celia Díaz Núñez

RibeiraSacraXa
A conferencia, organizada polas concellerías de Educación, Infancia e Igualdade e de Dinamización Lingüística, está pensada principalmente para o alumnado de 5º e 6º de Primaria
dia-de-rosalia-ceip-quiroga
22 Feb 2026

O Concello de Quiroga conmemorará o próximo 23 de febreiro o 'Día de Rosalía' cunha actividade destinada ao alumnado do CEIP de Quiroga. A cita será ás 10:15 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura, onde a escritora local Celia Díaz Núñez impartirá unha charla divulgativa sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.

Rosalía de Castro, considerada a escritora máis representativa da literatura galega, publicou Cantares Gallegos, obra que marcou o inicio da recuperación do galego escrito despois de séculos de silencio. A data de publicación deste libro tamén é a que a Real Academia Galega escolleu para celebrar o Día das Letras Galegas.

A conferencia, organizada polas concellerías de Educación, Infancia e Igualdade e de Dinamización Lingüística, está pensada principalmente para o alumnado de 5º e 6º de Primaria, aínda que poderá asistir público en xeral ata completar aforo. Desde o século XIX, Rosalía de Castro é homenaxeada como poeta que representa a identidade galega, destacando polo seu compromiso coa igualdade de xénero e a reivindicación da lingua propia.

O Concello de Quiroga aproveita esta celebración para promover o coñecemento da obra e do pensamento de Rosalía de Castro entre as novas xeracións e a sociedade en xeral.

0.079353094100952