O alcalde de Monforte destaca o potencial da Rede de Xudarías de España

RibeiraSacraXa
Lembra que Monforte de Lemos foi o primeiro concello galego en ostentar a súa presidencia, que este ano recae no concello ourensán de Ribadavia
Representantes-rede-xudarias
Representantes da Rede de Xudarías de España
23 Jan 2025

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, participou hoxe no acto de traspaso de Presidencia da Rede de Xudarías de España-Caminos de Sefarad, que tivo lugar durante a primeira xornada de Fitur 2025.

De este xeito, o rexedor monfortino acompañou ao que foi o Presidente da Red de Juderías de España en 2024, o alcalde do Concello de Plasencia, Fernando Pizarro García, e ó que dende hoxe é o Presidente da Red para o ano 2025, o alcalde de Ribadavia, César Fernández Gil.

Por este motivo, o acto tivo lugar no Stand de Galicia en FITUR, debido a que un concello galego é o que ostentará a presidencia da Red en 2025. Cabe lembrar que Monforte de Lemos foi o primeiro concello galego en ostentar dita presidencia.

No acto, participaron representantes das diversas cidades membro da Red de Juderías, que está integrada por 21 concellos, 3 deles galegos: Ávila, Barcelona, Béjar, Cáceres, Calahorra, Córdoba, Estella-Lizarra, Hervás, Jaén, León, Lorca, Lucena, Monforte de Lemos, Plasencia, Ribadavia, Sagunto, Segovia, Tarazona, Toledo, Tudela e Tui.

Neste acto de traspaso de presidencia, tamén tivo lugar a presentación do novo Xerente da Red de Juderías de España, o sevillano Iñaki Echeveste Calzada.

Tanto José Tomé coma os distintos representantes municipais aproveitaron o encontro en FITUR para poñer en valor o potencial e os recursos desta importante rede turística, cultural e patrimonial de concellos que contan nos seus conxuntos medievais cunha herdanza histórica, arquitectónica, medioambiental e cultural das comunidades xudías que formaron parte da historia de España.

0.081207036972046