O 19 de decembro remata o prazo para participar no Certame de Poesía Infantil de Nadal da Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
O concurso está dirixido a nenos e nenas de ata 16 anos
concurso-poesia-nadal-a-pobra-do-brollon
13 Dec 2025

A Biblioteca municipal 'Antonio Reboiro' lanzou este ano unha nova edición  do Certame de Poesía Infantil de Nadal, dirixido a nenos e nenas de distintas idades.

O concurso conta con tres categorías de participación: ata 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 a 16 anos.

As poesías deberán entregarse na propia Biblioteca antes do 19 de decembro. Os traballos gañadores pasarán a participar na fase provincial, organizada pola Biblioteca pública de Lugo e patrocinada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

⚙ Configurar cookies
0.06485390663147