Nova Escena Teatro levará a Bóveda a súa peza ‘E.L. Expectativa Lonxana’
RibeiraSacraXa
A representación terá lugar no Centro Sociocultural de Bóveda o domingo 24 de novembro
14 Nov 2024
Nova Escena Teatro leva ao Centro Sociocultural de Bóveda a súa peza ‘E.L. Expectativa Lonxana’, dirixida ao público de máis de 14 anos. A función terá lugar o domingo, 24 de novembro, ás 19.00 horas. A peza está escrita por Xoan C. Lanxe e dirixida por María Márquez.
Sinopse
Catro mulleres atópanse de causalidade no mesmo banco nun parque. Cada unha delas quedou alí co que espera que sexa seu novo e definitivo amor.Na espera, o que en principio semella un encontro irreconciliábel, acaba abrindo catro universos íntimos que teñen moito máis en común do que se podería agardar.