Mañá comezan as Xornadas Pacegas no Museo Pazo de Tor de Monforte

RibeiraSacraXa
Mañá comezan as Xornadas Pacegas no Museo Pazo de Tor de Monforte que terán unha duración de tres días con xornadas feministas
presentacion xornadas museisticas pazos
1 Mar 2023

A Rede Museística Provincial anima a participar nesta terceira edición das Xornadas Pacegas que se celebrarán os días 2 e 3 de marzo no Museo Pazo de Tor de Monforte e que afondarán na representación feminina nos estudos históricos e na incorporación desde legado aos proxectos de recuperación do patrimonio.

Constanza de Castro, Catarina de Santiso e María Paz de Taboada, figuras femininas vinculadas á Torre de Caldaloba, á Fortaleza de San Paio de Narla e ao Pazo de Tor , son o fío condutor das xornadas, que levan por título 'Conflitividade feminina, herdanza e patrimonio: Caldaloba, Narla e Tor'.

O encontro incorpora a perspectiva de historiadoras que centran a súa actividade investigadora no estudo das mulleres na Idade Media e Moderna – Mónica Fernández Armesto, Raquel Iglesias Estepa, Tamara González e Ana Sixto Barcia – ou representantes de colectivos culturais ligados á posta en valor de bens patrimoniais -Alberte Ansede da Casa Museo Manuel María e Dolores López da Asociación Carballo Vivo-.

A coordinadora das Xornadas e responsable da Rede Museística Encarna Lago sinalou “que recurrimos a tres figuras femininas vinculadas ao patrimonio provincial para artellar estas xornadas  que se inscriben na liña de traballo que se ven desenvolvendo desde os museos  para que o coñecemento histórico vinculado á historia das mulleres saia á rúa”.

As persoas interesadas en participar poden anotarse no enderezo  electrónico concertacionsrmpl@gmail.com. A Rede Museística poñerá a disposición das persoas asistentes un servizo de autobús desde Lugo.

Programa

  • Xoves, 2 de marzo

Recepción e benvida a cargo de Tareixa Antía Ferreiro Tallón, vicepresidenta da Deputación Provincial de Lugo, e Encarna Lago González, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo.

Dolores López da Asociación Carballo Vivo: Experiencia dunha muller activista na conservación recuperación e posta en valor do patrimonio.

Alberte Ansede, presidente da Fundación e Casa-Museo Manuel María: 'O papel da sociedade civil na recuperación do patrimonio: o caso de Caldaloba'.

Antón Meilán García, catedrático emérito da Universidade de Oviedo, autor do libro Dona Constanza de Castro toma a Fortaleza de Vilaxoán: 'Dona Beatriz e Constanza de Castro, as fillas rebeldes de Pardo de Cela'.

Simón Vicente, auxiliar de sala da Rede Museística Provincial de Lugo: 'Mulleres serpe, sereas e dragóns: os casos de Tor e Narla'.

  • Venres, 3 de marzo

Mónica Fernández Armesto, doutora, profesora do Departamento de Historia da USC: 'Galegas litigantes perante a xustiza senhorial no Antigo Réxime'.

Raquel Iglesias Estepa, doutora en Historia: 'A conflitividade femenina nas fontes xudiciais do Antigo Rexime'.

Tamara González López, doutora, profesora do Departamento de Historia da UDC: 'Herdanzas, dotes e mandas: a loita das fidalgas polo patrimonio familiar (ss. XVIII-XIX)'.

Ana Sixto Barcia, doutora, profesora do Departamento de Historia da USC:  'Condenadas ao esquecemento. Os conflitos en torno ás vocacións forzadas na Galicia de época moderna'.

  • Sábado, 4 de marzo

Soterradas en liña: Mesa debate en liña sobre a as desigualdades de clase e de ciclos de vida.

0.19344997406006