Máis de 600 persoas celebraron o Magosto en Pantón cunha gran festa no pavillón

RibeiraSacraXa
Castañas, panceta, música e baile animaron a xornada deste sábado en Ferreira de Pantón
magosto-panton-2025
10 Nov 2025

O pasado sábado, máis de 600 persoas reuníronse no Pavillón Municipal de Ferreira para celebrar o Magosto organizado polo Concello de Pantón ao abeiro do Plan Deputación 2025. A xornada reuniu maiores e nenos nunha tarde de festa, gastronomía tradicional e música.

Os participantes desfrutaron da actuación musical do Dúo Paradise, que animou o ambiente e acompañou a celebración, onde non faltaron as castañas, nunha xornada de convivencia veciñal que foi todo un éxito.

⚙ Configurar cookies
0.070436954498291