Máis de 400 persoas participaron na XV Xuntanza de Veciñas e Veciños da Pobra do Brollón

O pasado domingo 26 de outubro, a Pobra do Brollón acolleu a XV Xuntanza de Veciñas e Veciños, un evento destinado a fomentar a convivencia e o lecer na comunidade.
Máis de 400 veciños e veciñas de todas as parroquias e idades reuníronse no Pavillón Municipal para desfrutar dun xantar popular acompañado de música a cargo da Escola de Música Samoeiro. Ademais, durante o evento sorteáronse máis de 200 agasallos entre os asistentes, e todos os nenos e nenas presentes recibiron un detalle, grazas á colaboración de 70 empresas.
Tamén se recoñeceu aos veciños de maior idade presentes na Xuntanza. Os premios á “avoa máis avoa” e ao “avó máis avó” foron para Visitación e Domingo, que recibiron cada un unha figura de porcelana de Sargadelos como recordo do evento.