Julieta Venegas, primeira artista confirmada para o 17º Ribeira Sacra Festival 2025

RibeiraSacraXa
O festival terá lugar os días 18, 19 e 20 de xullo
Julieta Venegas
Julieta Venegas
24 Jan 2025

O festival 17º Ribeira Sacra regresará os días 18, 19 e 20 de xullo de 2025 para festexar unha nova edición. Diferentes localizacións da Ribeira Sacra volverán a acoller aos artistas e ao público neste evento que pon en valor o patrimonio do lugar e que cada ano recibe a recoñecidos artistas en escenarios moi especiais. A primeira artista confirmada para esta edición será a mexicana Julienta Venegas.

17° Ribeira Sacra Festival é unha cita anual na que música, patrimonio, paisaxe, gastronomía e viño únense para crear unha experiencia única para o público. Un proxecto que reafirma, grazas aos seus recoñecementos, a súa importancia en todo o territorio, así como a súa proxección nacional e internacional.

0.17546796798706