Imparten un taller sobre serpes, arácnidos e réptiles no IES A Pinguela
No IES A Pinguela impartiuse por José María Soriano unha clase ó alumnado de 1º ESO sobre serpes, arácnidos e réptiles organizada polo departamento de Bioloxía, o seu coidado e características e da importancia de non adquirilos nunca como mascotas, dado o alto risco que se lles pode ocasionar e máis aínda ó medio ambiente e ó planeta.
Foi unha maneira impactante de aprender sobre tartarugas, serpes, réptiles, e tamén arañas, que
os rapaces non esquecerán, e que seguro fixeron medrar o seu amor pola natureza.
José María Soriano, un dos responsables do Núcleo Zoolóxico Aula de réptiles de Mallorca, alertou do problema que se crea no Medio Ambiente cando son abandonados nun hábitat que non é o seu. Ensinoulle a distinguir polas escamas a un lagarto dunha serpe, da súa sangue fría, etc...
Puideron ver e tocar estes animais, como é a súa pel, a súa textura, si son lisos ou non, si a pel es dura ou branda, notaron a pel escamosa, o seu corpo frío, como se retorce a súa columna vertebral ó desprazarse, etc.…
Tamén falou sobre o erro cada vez máis habitual de pensar que estes animais poden terse como mascotas.
As estrelas do taller foron a Macroclemys temminckii (tartaruga caimán, orixinaria de Estados Unidos e considerada a tartaruga de auga doce máis grande do mundo), Stigmochelys pardalis (tartaruga leopardo, de terra africana, a cuarta máis grande do mundo), Pogona Vitticeps (lagarto de aparencia agresiva, pero moi dócil), Lampropeltis T. Sinaloae (serpe inofensiva, coñecida como falsa coral), Araña..., e a Boa Constrictor Albina (a estrela, que sen ser grande, pesa uns 30 kilos).
Un taller divertido e enormemente formativo que o alumnado desfrutou.